¿Qué fixo Orozco polas Gándaras en 12 anos?
Acabo de chegar do cine e atopeime cun cartel no buzón que me gustaría reproducir integramente para ver si obtemos unha resposta do Alcalde ou seguemos a enchernos da paciencia que nos pide sempre que falamos con él:
- O 90% das rúas do noso barrio están sen aceras. Pensade na rúa do Galo, nos aredores do Colexio ou incluso na Calzada das Gándaras. Durante os seus 12 anos, Orozco foi incapaz ata de acondicionar a principal rúa do barrio. Só actuou na metade de Monte Adairo: as outras 23 rúas nin as tocou.
- Nin unha soa obra de saneamento.
- Falta de iluminación.
- Para Orozco os das Gándaras somos veciños e veciñas de terceira. ¿Por qué nos fai pagar as Inspeccións Técnicas de Edificios (ITEs) mentres llas regalou aos do centro? ¿Por qué non temos vixiancia policial para controlar a velocidade dos coches?.
- Inversión en 12 anos nas Gándaras = 394.791€ (Monte adairo + Calzada das Gándaras).
- Ó barrio só chegou o 0.035% do total do orzamento que tivo Orozco en 12 anos (1.100 millóns de €).
- PRECISAMOS SOLUCIÓNS NOVAS A PROBLEMAS VELLOS.
Tería que documentarme para comprobar a certeza da información, e imaxino que sendo verdade non haberá moito que facer, porque visto o que levamos loitado por unha merda de badéns entre as rotondas da Ponte Romai...
Presumimos de alcalde 2.0 pero si eso significa abrir unha conta de Twitter, outra de Facebook, 4square ou Formspring para alardear de actos ou pedir paciencia ós cidadáns, eu prefiro un alcalde 1.0 que se preocupe do que pasa no meu barrio de forma activa. A elección é ben sinxela: #nolesvotes. En pouco menos de 3 meses teremos a resposta.
PD: Síntoo señor Orozco, xa me cansei de esperar. Inda que supoño que nunca chegará a ler esta anotación porque non entrará en ningunha das súas canles -as antes mencionadas-, creo que Internet é moito máis que iso pero ás veces a tecnoloxía vai por riba de todos nós.
PD2: Orozco quere aclarar que a información verquida no panfleto é falsa así que paréceme xusto ter as dúas versións publicadas, adxunto o listado de actuacións nas Gándaras durante o seu mandato:
- Creación dun Campo de fútbol con herba artificial e mellora do peche do campo (entre 2009 e 2011). Presuposto 460.000 euros
- O Barrio das Gándaras é un dos que saiu máis beneficiado na creación de liñas de autobús para o HULA. De feito un dos buses especiais pasa polo barrio cada 40 minutos en dirección ao Hospital.
- No 2010 creouse un parque infantil,
- Unha parcela de uso comercial pasouse a zona verde e creouse un parque
- Na zona verde que había instalouse unha zona de xogos, rego por aspersión e unha zona deportiva.
- Actividades de limpeza e mantemento (desbroces, xardineria..).
- Tamén se fixeron obras en rúas por un importe de 815.602,36 euros (Case un millón de euros):
- Rúa Venancio Senra: beirarrúas
- Rúa San Xosé: aumento alumeado
- Calzada das Gándaras: beirarrúas
- Rúa Bolboreta: repavimentación
- Rúa Tras do Colexio: repavimentación
- Rúa Toledo: repavimentación
- Pia Páxaro: Renovación do pozo de rexistro
- Calzada das Gándaras-Ronda Norte (polo Campo de fútbol): rexeneración de firmes e pavimentos
- Residencia 3º idade-ronda Norte: repavimentación
- Camiño de Romay: rego automático
- Rúa do Pombo: pavimentos y servicios
- Monte Adairo: Urbanización de la calle Monte Adairo (Fase I)