Festival de Cortometrajes Creative Commons
Me alegra saber que los amigos de Inestable siguen organizando cosillas como la que os quiero presentar a continuación, un festival de cortos Creative Commons:

"O próximo día 5 de Agosto de 2010 celebraráse no auditorio da Casa da Cultura Ordes a primeira edición do "Festival de Curtametraxes Libres Cinestable".
O festival quérelle render homenaxe á liberdade que brindan a licenzas libres Creative Commons concovando un concurso de curtas ao que están convidados a participar amateurs e profesionais de todo o país. Celebrarao tamén cunha proxección das mellores cintas libres a nivel mundial. Con este evento preténdese fomentar o uso destas licenzas, que teñen a maravillosa propiedade de pontenciar a creatividade dos autores e aumentar a difusión das obras noveles.
Poden concorrer ao concurso de curtas todas as cintas de calquera temática que se licencien baixo unha Creative Commons. A inscripción é gratuita e realízase por medio da web. O prazo de entrega de traballos abriu o día 14 de xuño e pechará día 1 de agosto de 2010. As cintas premiadas repartiranse máis de 800€ e proxectaranse no festival.
Cinestable é unha iniciativa organizada pola asociación Inestable (www.inestable.org), coa colaboración co Concello de Ordes e outras entidades coma a AC Proxecto Trasno (www.trasno.net). Pódese obter máis información na web do certame (cc.inestable.org) ou solicitar información por correo electrónico (cc@inestable.org)."
¡Suerte con la iniciativa!